×

asec asesores

Proveedor


Sobre asec asesores

A empresa nace da unión dun reducido grupo de profesionais no entorno empresarial, cunha amplía experiencia nos distintos sectores mercantís que afectan a una empresa: Banca, Administracións, Sindicatos, Empresas … A calidade dos servizos prestados, así como a confianza dos nosos clientes, implicou un gran incremento no volume de negocio, motivo polo cal trasladamos nosas oficinas a un local mais amplío, sempre coa vocación de dar un mellor servizo aos nosos clientes. A firma, dende o seu nacemento, destacou pola súa profesionalidade, o cal pódese avalar coa confianza que depositaron os nosos clientes en nos. Dependendo das necesidades dos nosos clientes, ofrecemos servizos de asesoramento que van desde a xestión da contabilidade a partir de documentos contables e cumprimento das obrigacións legais, ata a definición de sistemas contables de xestión analítica e financeira que proporcionan aos nosos clientes información necesaria para xestionar dun xeito máis eficiente o seu negocio. Ofrecemos aos nosos clientes un asesoramento laboral integral, cubrindo tanto os aspectos operativos e legais como a confección de nóminas e documentos sociais, como o asesoramento sobre outros aspectos de natureza laboral: tipos de contrato de traballo, informes de custos laborais, despedimentos, inspeccións de traballo, subvencións para empregados, etc. Ofrecemos asesoría e implantación da Lei de Protección de Datos e LSSICE en todos os sectores de actividade. Dereito tecnolóxico, comercio electrónico, clausulados, cookies. Prestamos un servizo personalizado á realidade de cada empresa

Datos asec asesores

Fundacion Spain, June/2007
Estado Crecimiento
Localizaciones

Equipo asec asesores 1

Noticias asec asesores 2