×

Coworking Concello de Cambados

Coworking

Os servizos que presta o viveiro de empresas ubicado no Centro de Desenvolvemento Local do Polígono Industrial 7 Pías


SECTORES

ABOUT Coworking Concello de Cambados

O coworking é a sinerxia de empresas cun contido en común. Partindo desta base, na sección de coworking situaranse ás empresas que compartan algún servizo ou que teñan unha necesidade común, tal como o que pre-elabora unha o desenvolve a outra. Ubicada na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Local, o servizo de coworking conta cunhas instalacións de 4 módulos a fín de que empresas (2 a 2 ou 1 a 4) poidan ubicarse beneficiándose dos seguintes servizos: Asentamento nas instalacións Acceso subvencionado ás instalacións Entrelazado empresarial Acceso a redes de telecomunicación. Asistencia coordenada a eventos (Forums, Simposiums, Feiras, etc.) Asistencia xurídica Xestoría empresarial Ao mesmo tempo, todos estos modelos de asentamento, contan coa garantía de formar parte da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial. Esta asociación pon á disposición dos seus asociados unha serie de elementos e ferramentas coma cursos, seminarios, xuntanzas, misións comerciais, etc. que xunto coas que proporciona a Cámara de Comercio, farán que os novos empresarios poidan facer realidade as súas inquedanzas, asentando e dando pulo ás empresas co fin de que nun periodo de 2 anos se atopen integradas no tecido industrial e proporcionen novos postos de traballo.

Datos Coworking Concello de Cambados

Oficinas
Fundación Spain, November/2016

Equipo Coworking Concello de Cambados 1

Noticias Coworking Concello de Cambados 0